2 de maio, Día Internacional en contra do acoso escolar
Dende
o Departamento de Orientación,
coa colaboración dos
titores , levouse a
cabo unha actividade que conectou
ao alumnado de 5º e 6º do noso cole, cos compañeiros e
compañeiras do
CEIP “ As Forcadas” de Corme.
Cada
grupo, redactou unha descrición
das características e
rasgos identificativos ,
dos “actores” e “actrices” que formar parte dunha situación
de acoso escolar.
Na seguinte sesión inventamos unha historia na que se estivera a producir unha situaciçon de acoso escolar, gravámola en audio para enviala as compañeiras de Corme. Dende alí
deberían darlle unha solución.
Á
vez , o alumnado de Corme estaba a realizar a mesma actividade e
tamén nos enviaron os audios coas súas problemáticas, que tivemos
que solucianar.
Para
rematar conectámonos
por videoconferencia, e explicámoslle como intentaríamos nós solucionar os casos que nos
enviaron, despois eles fixeron o mesmo cos nosos caso.