lunes, 4 de noviembre de 2019

O pequeno Dragón polas Ondas

O pasado martes as alumnas e alumnos  de 6º de Educación primaria desprazáronse ata os estudios de Radio Voz en Carballo, para gravar a adaptación do conto orixinal de Raúl Fuentes Mourelle.


Dita obra participará no  XIX Concurso Escolar de Teatro Lido" Xosé Manuel Eirís". 

Permanecede atentas posto que a gravación emitirase o vindeiro 23 de decembro as 11:40, aproximadamente, dentro do espazo " Voces de Bergantiños" da emisora Radio Voz.



martes, 7 de mayo de 2019

Videoconferencia co alumnado do CEIP " As Forcadas" de Corme


2 de maio, Día Internacional en contra do acoso escolar



Dende o Departamento de Orientación, coa colaboración dos titores , levouse a cabo unha actividade que conectou ao alumnado de 5º e 6º do noso cole, cos compañeiros e compañeiras do CEIP “ As Forcadas” de Corme.

Cada grupo, redactou unha  descrición das características e rasgos identificativos , dos “actores” e “actrices” que formar parte dunha situación de acoso escolar.

Na seguinte sesión inventamos unha historia na que se estivera a producir unha situaciçon de acoso escolar, gravámola en audio para enviala as compañeiras de Corme. Dende alí deberían darlle unha solución.

Á vez , o alumnado de Corme estaba a realizar a mesma actividade e tamén nos enviaron os audios coas súas problemáticas, que tivemos que solucianar.

Para rematar conectámonos por videoconferencia, e explicámoslle como intentaríamos nós solucionar os casos que nos enviaron, despois eles fixeron o mesmo cos nosos caso. 






miércoles, 14 de noviembre de 2018

SOBRE A MORTE DO BIEITO

Estreamos o blogue da Radio Patio coa publicación de " Sobre a morte do Bieito". Os alumnos e alumnas de 6º de Educación primaria adaptan ao formato radiofónico este relato  incluído na obra " Dos arquivos do trasno" de Rafael Dieste.

Ademais da gravación no cole,  tivemos a sorte de poder desprazarnos ata os estudios de Radio Voz en Carballo, onde fixemos unha lectura teatralizada da obra. A gravación emitirase en "Radio Voz" o vindeiro 17 de decembro en horario de 10:45-11:30.

Premendo no enlace  http://radiovoz.com/ teredes acceso á súa programación , tamén sintonizando o 99.8 de FM.

Pero se non tedes paciencia para esperar ao seu estreo nas ondas, e xa o queredes escoitar agora mesmo, deixámosvos o enlace á gravación que fixemos dende o cole.

https://www.spreaker.com/user/9254606/sobre-a-morte-de-bieito

Agardamos que vos guste.